O xoves 3 de abril, ás 20:15 temos na Cova da Terra unha nova proxección de “Cinema na Cova”, na que agardamos vervós. Esta vez será unha proxección do director Isaki Lacuesta: “La leyenda del tiempo”.
Este film retrata a historia de Isra, o neno xitano que, tras a morte do seu pai, xa nunca poderá cantar a pesar de pertencer a unha tradición de cantaores, e que vive soñando con poder viaxar algún día lonxe da Illa na que naceu, e a de Makiko, que viaxa ata a Illa para tratar de asimilar unha tradición e unha forma de entender a vida que lle son alleas, e coas que espera poder afrontar as emocións inexpresables que lle esperta a enfermidade do seu pai.
Isaki Lacuesta aposta por unha linguaxe que transguede as normas con sinxeleza e naturalidade, sen facer alarde de modernidade e cun gusto exquisito para observar os pequenos detalles. O resultado é unha película emotiva, entrañabel, intensa, sinxela, poética e sobre todo perdurable no tempo.http://www.leyendadeltiempo.com/

No hay comentarios:
Publicar un comentario