Presentación da primeira tradución ao galego do resumo do Informe de Desenvolvemento Humano do PNUD.O acto de presentación da primeira tradución ao galego do resumo do Informe de Desenvolvemento Humano do PNUD terá lugar o vindeiro día 11 de abril ás 12.00 horas no local da Fundación Caixa Galicia da Coruña (Cantón Grande 21-24).
Nesta presentación participarán:
- Pedro Manuel Moreno (Membro da Oficina do Informe de Desenvolvemento Humano do PNUD en Nova Iorque).
- Manuel Aguilar (Director de Obra Social Caixa Galicia).
- Fabiola Sotelo (Directora Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia).
- Xosé María Torres (Presidente da Coordinadora Galega de ONGD).

O Informe sobre Desenvolvemento Humano que realiza o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) desde o ano 1990 é un informe de referencia no ámbito internacional que permite medir os logros do progreso humano básico da poboación dun país ou territorio.
Le Monde diplomatique e Greenpeace publican o Atlas medioambiental 2008.O texto recorre a través de máis de 100 páxinas o estado actual do medioambiente no mundo e en España.
Greenpeace e Le Monde diplomatique en español presentan o Atlas ambiental 2008, no que se analizan os grandes desafíos actuais da ecoloxía no mundo. O Atlas articúlase en dous grandes eixes: “As ameazas do planeta” e “O que pode salvalo”, ademais dun anexo, realizado por Greenpeace España, no que se analiza a situación do medio ambiente no noso país.

No hay comentarios:
Publicar un comentario