martes, 25 de marzo de 2008

Semana chea de vida...

Esta semana temos interesantes actividades na Cova da Terra.




O mércores ás 20:30h temos unha nova xuntanza do Club de Lectura que organizamos xunto con Implicadas no Desenvolvemento.
Falaremos sobre o libro "A Voda", de Carson McCullers, e contaremos coa presencia da traductora do mesmo, Laura Sáez, para o debate.












E o xoves, ás 20:00h, nova proxección-debate dentro do ciclo das cinemas de Kandaharia. Desta vez co filme "O experimento" (2005), de Oliver Hirschbiegel.
"O experimento" é unha viaxe de emoción e vinganza nun entorno simulado dunha prisión.
Todo comezou no nome da ciencia. 20 homes, 2 semanas. A recompensa: 2000 dólares. A investigación: o comportamento agresivo nun ambiente carcelario simulado. Os xogadores: 8 "gardas" e 12 "prisioneiros". O xogo: péchase aos prisioneiros e ordéaselles que sigan as órdes; os gardas deben manter a orde. Pero dar a un home un pouco de poder pode ter consecuencias insospeitadas...

Agardámosvos!

No hay comentarios: