jueves 5 de noviembre de 2009

Xornada: O Consumo Consciente dos Produtos Forestais

A Cova da Terra e Gaesal organizan para o sábado 7 de novembro, a Xornada: O Consumo Consciente de Produtos Forestais. Inscríbete (asociacion@covadaterra.org)!!!

Arrancan os Cinemas con Conciencia!!!

Este mércores, 4 de novembro, ás 20:00 horas, no local da Cova, era a primeira proxección dos Cinemas con Conciencia: Estación ardiente. Despois de ver a película houbo un pequeno espazo para o debate, para compartir opinóns que resultou moi interesante. Que vos pareceu??? Deixadenos a vosa opinión!!!

miércoles 4 de noviembre de 2009

Cinemas con Conciencia


A Cova da Terra organiza ciclo de cine: Cinemas con conciencia, que terá lugar os mércores 4,11,18, e 25 de novembro, ás 20:00 horas no local A Cova da Terra. Comezamos o día 4 de novembro, coa película Estación Ardente, a que seguirán outras proxeccións como Fame de soia, A dobre cara da moeda ou O pesadelo de Darwin. Anímadevos a ver un Cine diferente!!!

martes 3 de noviembre de 2009

Debate sobre a crise económica en Lugo!!!

"A CRISE ECONÓMICA: CAUSAS E SOLUCIÓNS. CAL REFORMA FISCAL?"
DÍA: Xoves, 5 de Novembro
LUGAR: Salón de Actos do Instituto Virxe dos Ollos Grandes (antiguo
Femenino)
HORA: 20 horas

ORGANIZA: ÁGORA ABERTA (ideas, iniciativas e propostas…a tempo.)

Confirmada a participación de:

-XAVIER VENCE: catedrático de Economía Aplicada na USC (BNG)

-XAQUIN FERNANDEZ LEICEAGA: Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento
(PSOE)

-pendente de confirmar representante do PP

É seguro que este é un debate de interese para todos os cidadáns. Polo tanto, non perdades oportunidade de facer chegar unha invitación a cantos amigos e amigas, compañeiros e compañeiras podades.

lunes 2 de noviembre de 2009

Seguimos a formarnos!!


A Cova da Terra participou este sábado, 31 de outubro, no Seminario de Formación: Políticas de compra pública ética e sostible. Un reto para as institucións galegas; organizado pola Comisión de Comercio Xusto e Consumo responsable da que formamos parte.

lunes 26 de octubre de 2009

O 1 e 2 de novembro non uses o móbil !!

ATENCIÓN A MENSAXE:

"Dejemos de darles de comer durante un tiempo, sin trabajo y que se den cuenta de que si esto sigue así, nosotros somos los que mandamos.. LAS EMPRESAS DE TELEFONIA MOVILES NOS ESTAN ROBANDO..
Los días 1 y 2 de NOVIEMBRE DEL 2009 todos tengamos el movil apagado. ES LA ÚNICA FORMA EN QUE PODREMOS EXPLICARLES A: MOVISTAR, ORANGE, VODAFONE ,...QUE NO SOMOS IGNORANTES NI VAMOS A SEGUIR PERMITIÉNDOLES QUE NOS METAN LA MANO EN EL BOLSILLO. ENTRE TODOS LOS OBLIGAREMOS A QUE BAJEN POR LO MENOS UN 50% LAS TARIFAS, Y MEJOREN EL SERVICIO. SI NO NOS DEFENDEMOS NOSOTROS, NADIE MÁS LO VA A HACER. Solo si TODOS COLABORAMOS en NO UTILIZAR el MOVIL LOS DIAS 1 Y 2 DE NOVIEMBRE DEL 2009 lograremos demostrarles a esas empresas que los ciudadanos españoles no somos ignorantes, como está demostrado que piensan, pueden juzgar el comportamiento que han tenido las Empresas para con los usuarios hasta el momento."

XA SABES O DÍA 1 E 2 DE NOVEMBRO, NON UTILICES O MÓBIL!!

Que vos parecen estas campañas? Cres que funcionara?

viernes 23 de octubre de 2009

LOOK COOPERANTE

Lede este interesante artigo de La Voz de Galicia:

Look cooperante

Que vos parecen as estratexias utilizadas?