martes, 4 de marzo de 2008

Celebradas as IV Xornadas de Economía Alternativa en Lugo



O pasado sábado 1 de marzo celebráronse no salón de actos da deputación de Lugo as IV Xornadas de Economía Alternativa organizadas pola Cova da Terra.
Nesta edición, os temas centrais foron as moedas complementarias e os bancos de tempo, como experiencia particular deste tipo de moedas.
Na xornada participaron como ponentes Stefania Strega-Scoz, activista de moedas complementarias (que reflexou a súa visión da xornada na wiki de moedas complementarias); Rafael Gonzales, coordinador da Red de Bancos de Tiempo de España e catro representantes doutros tantos bancos de tempo que están a funcionar en Galicia.
Tivemos ocasión de asisitir, tamén, á proxección do documental "A dobre cara da moeda".
En total, arredor de 40 persoas participaron nas xornadas.

3 comentarios:

C.C dijo...

Moi boas as reseñas das xornadas, tanto a da Cova coma a do Blog de Stefanía. Alédome do éxito.

Unha aperta e ¡saúde¡¡

Unknown dijo...

Noraboa pola resposta da xente, ben é sabido que, nestas datas, é difícil movilizar á xente para actos que non formen parte da polarización política entre o psoe e o pp. Deume moita rabia non poder asistir a elas, así que terei que agardar polas seguintes. Parabéns e unha aperta!

Santi.

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Smartphone, I hope you enjoy. The address is http://smartphone-brasil.blogspot.com. A hug.