viernes, 22 de febrero de 2008

IV Xornadas de Economía Alternativa

1 de marzo de 2008
Salón de actos da deputación de Lugo

Na IV edición das xornadas de Economía Alternativa da Cova da Terra queremos afondar no uso de moedas complementarias.

O diñeiro é unha tecnoloxía pensada para o intercambio de bens e servizos. Porén, o sistema económico actual sitúa ao diñeiro por riba das propias persoas. As moedas complementarias tentan invertir este proceso, reforzando as economías locais e abrindo redes de solidaridade que sitúan de novo á persoa no centro dos procesos de intercambio.




PROGRAMA

9:45h. Recepción de participantes

10:00h. Conferencia:
"Moedas Complementarias: Tecnoloxías para un mundo máis Xusto e Responsable"
Stefania Strega-Scoz. Coordinadora da Academia de Permacultura Nodo Espiral España e activista en Monedas Complementarias.

11:15h. Proxección do documental:
“A dobre cara da moeda”

12:15h. Pausa café (con produtos de comercio xusto e ecolóxicos)

12:45h. Conferencia:
“Bancos do Tempo, dar e recibir para construir comunidades saudables” / “Implantación de bancos de tempo no rural no marco do Proxecto Equal ARCO”
Rafael Gonzales. Coordinador da Rede de Bancos de Tempo de España.
Raquel Piñeiro. Consultora da Área de Benestar Social do Grupo Proxectos.

14:15h. Xantar

16:30h. Obradoiro:
"Experiencias autoxestionadas de moedas complementarias en Galiza"
Coordinador do obradoiro: Sergio.
Coa participación de: Iago Palmeiro (Banco de Tempo e Rede de Troco de Lugo), Javi (CSA “A Cova dos Ratos” proxecto integrante da Rede VigoTroca e das moedas complementarias “fíos” e “chozos”), María López (Rede de Troco de Verdegaia) e Sergio (Rede de Troco da Coruña).

Sobre as 18:00h. farase unha pausa café

20:30h. Peche da xornada.


INSCRIPCIÓN

Na Cova da Terra, rúa Nóreas, 12, baixo, tlf. 982230211
ou na mesma xornada.
Prezo: 3 euros (de balde para os socios da Cova da Terra).

No hay comentarios: