Achégase o Día Internacional do Comercio Xusto, que este ano celebrarase o 12 de maio e ten como lema "Os nenos precisan do Comercio Xusto".
En Lugo xa hai 11 anos que vimos celebrando esta xornada, e queremos que siga a ser un día de reivindicación, de información, de sensibilización e de festa.
Por iso o mércores 25, ás 20:15, reunirémonos no local da Cova da Terra para comezar cos preparativos.
Se estás disposto a participar coa túa cabeza, pásate o mércores pola reunión; se queres participar coas túas mans, ven calquera outro día polo local da Cova, e informámoste de como podes axudar.
+ sobre o día internacional do comercio xusto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario