Obras documentais de Artavazd Pelechian
"Natchalo" ("O comezo", Armenia, 1967, 8 minutos). Adicado ao quincuaxésimo aniversario da revolución de outubro, ergue o estandarte das grandes masas populares.
"Menki ou my" ("Nós", Armenia, 1969, 24 minutos). "Decidín presentar a historia dun pobo sen amosar monumentos do pasado, observando a xente de hoxe". O pobo armenio en lágrimas que descubrimos a través de imaxes de arquivo, víctimas de deportacións e máis tarde en plenas efusións de felicidade.
"Obitateli ou bnakitchnere" ("Os habitantes", URSS, 1970, 8 minutos). Pelechian plantexa unha película de enfrontamentos. O das manifestacións da naturareza e de cómo o home interactúa nela.
"Tarva yeghanaknere ou vremena goda" ("As estacións", Armenia, 1972, 29 minutos). Escenas de traballo e sobrevivencia no campo, onde a mirada de Pelechian, por intres, parecera transparente.
"Konec" ("Fin", Armenia, 1992, 8 minutos)
Ás 20:15 na Cova da Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario