lunes, 23 de abril de 2007

Presentación do libro "Agroecología y consumo responsable" na Cova da Terra



O vindeiro mércores 25 de abril, ás 17:30 h., terá lugar a presentación do libro “Agroecología y Consumo Responsable”, no local da Cova da Terra.

Trátase dunha obra colectiva que afonda en temas como a globalización dos alimentos, a seguridade alimentaria e os grupos autoxestionados de consumo.A presentación do libro correrá a cargo da coordinadora, Pilar Galindo.

Pilar Galindo é socióloga, escritora e panadeira artesán ecolóxica, cunha ampla experiencia en temas medioambientais e agroecoloxía.

+ información sobre o libro

1 comentario:

rodicio dijo...

¿Non é un pouquiñó cedo? 17,30

Estar está interesante...

¿Dades café?