martes 31 de marzo de 2009

Cinemas na Cova: The atomic cafe

Unha nova proxección de Cinemas na Cova, o xoves 2 de abril, ás 20:30 horas no local de A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12 Baixo). O título nesta ocasión é The atomic café de Jayne Loader, Kevin Rafferty e Pierce Rafferty. Un documental que mostra a recopilación de metraxe esquecido e perdido durante a guerra fría sobre a propaganda pro-nuclear e a bomba atómica. Nela cóntasenos todo o que debemos saber para salvármonos durante un ataque atómico… Non a perdades!!!

Dirixida por: Jayne Loader, Kevin Rafferty y Pierce Rafferty
País: USA
Duración: 86 min.
xénero: Documental
Idioma: Ingles con subtitulos en galego

lunes 30 de marzo de 2009

Xuntanza do Club de Lectura

O venres pasado tivemos unha nova xuntanza do club de lectura. Esta vez puidemos contar co autor do libro. Adolfo Caamaño falounos de Etiopía, o país onde se desenvolve a trama do libro, púxonos unhas imaxes cunhas paisaxes verdes e moi fermosas, moi diferentes ao que normalmente contan os medios de comunicación sobre ese país. Deunos unha visión apaixoada sobre a importancia de coidar o noso planeta, sobre a fermosura de lugares aínda inexplorados e tamén sobre a importancia da loita polos dereitos das mulleres, plasmados nesa protagonista feminina do libro. Tamén falou do paxaro do mel, que sae no libro e non é unha lenda, existen en distintas partes do mundo, aínda que deben ser difíciles de ver.
Para os máis curiosos e curiosas sabedes que é o que fan estes paxaros?
Hai vai unha pista ten que ver co seu título.
Alguén se atreve con algunha resposta!!!

martes 24 de marzo de 2009

Club de Lectura: O paxaro do mel

Nova reunión do Club de Lectura:

O venres 27 de marzo, ás 20:30 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12), terá lugar unha reunión do Club de Lectura, unha iniciativa de A Cova da Terra e Implicadas no Desenvolvemento. Nesta ocasión o libro escollido é de Adolfo Caamaño “O paxaro do mel”, o cal servirá de pretexto para enriquecer e compartir o coloquio. Agardamos que veñades e o desfrutedes!!!
Argumento:
Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa intención de liberar aos seus, emprenderán unha difícil persecución da caravana de escravos véndose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruínas dun extraño gran edificio atoparán a árbore do saber, o mono do papiro e seguirán a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada na Abisinia ocupada polos italianos a finais do século XIX.

lunes 9 de marzo de 2009

Cinemas Kandaharia



O xoves 12 de marzo, ás 20:00 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12 Baixo) teremos outra proxección-debate das Cinemas de Kandaharia, coa que remataremos este ciclo. Nesta ocasión contaremos con dous documentais de Implicadas no Desenvolvemento: “A semente – Etiopía” e “A semente – India”, o posterior debate será levado por unha representante de IND.

Xénero: Documental


Ano: 2006

IND preséntanos dúas curtametraxes localizadas na India e en Etiopía. O traballo céntrase no tema do microcrédito, unha estratexia que axuda a millóns de persoas a saír da pobreza cada día e que ten diferentes vertentes nos distintos países, adaptándose ás necesidades das poboacións.
O traballo pretende achegarnos ás protagonistas cunha estética afastada do artificio e próxima á realidade de pobreza e superación das mulleres, coa dobre discriminación que padecen, e que tentan superar cada día a través destas iniciativas.
Un salto no espazo levaranos ata a outra cara desta realidade, a Occidente en xeral e Galicia en concreto. O documental centrarase neste momento nas interaccións entre a India e occidente, tanto negativas (as raíces da pobreza, a explotación dos recursos, a orientalización das imaxes) como positivas (a cooperación e o entendemento intercultural, entre outras) entre as que se destacará e presentará o microcrédito.

martes 3 de marzo de 2009

Cinemas na Cova: Flandres de Bruno Dumont.






O xoves 5 de marzo, ás 20:30 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº12 Baixo) temos unha nova proxección de Cinemas na Cova. Nesta ocasión, o título elexido é Flandres, de Bruno Dumont, a cal segue o ir e vir duns xóvenes das Flandres que deben ir ó frente nun conflito lonxano, a chegada a unha terra extraña, a relación que se entabla entre os soldados, a dor de vivir unha guerra e o regreso o fogar, intentando reinsertarse na sociedade, son os estadios que recorrerá Dumont para ofrecer un tema de triste actualidade como é a guerra.
Aquí tedes unha entrevista que se lle fixo ao director. Animádevos a vir, agardamos verte!!!!