O venres pasado tivemos unha nova xuntanza do club de lectura. Esta vez puidemos contar co autor do libro. Adolfo Caamaño falounos de Etiopía, o país onde se desenvolve a trama do libro, púxonos unhas imaxes cunhas paisaxes verdes e moi fermosas, moi diferentes ao que normalmente contan os medios de comunicación sobre ese país. Deunos unha visión apaixoada sobre a importancia de coidar o noso planeta, sobre a fermosura de lugares aínda inexplorados e tamén sobre a importancia da loita polos dereitos das mulleres, plasmados nesa protagonista feminina do libro. Tamén falou do paxaro do mel, que sae no libro e non é unha lenda, existen en distintas partes do mundo, aínda que deben ser difíciles de ver.
Para os máis curiosos e curiosas sabedes que é o que fan estes paxaros?
Hai vai unha pista ten que ver co seu título.
Alguén se atreve con algunha resposta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario