O venres 27 de marzo, ás 20:30 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12), terá lugar unha reunión do Club de Lectura, unha iniciativa de A Cova da Terra e Implicadas no Desenvolvemento. Nesta ocasión o libro escollido é de Adolfo Caamaño “O paxaro do mel”, o cal servirá de pretexto para enriquecer e compartir o coloquio. Agardamos que veñades e o desfrutedes!!!
Argumento:
Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa intención de liberar aos seus, emprenderán unha difícil persecución da caravana de escravos véndose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruínas dun extraño gran edificio atoparán a árbore do saber, o mono do papiro e seguirán a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada na Abisinia ocupada polos italianos a finais do século XIX.
No hay comentarios:
Publicar un comentario