O martes 28 de outubro ás 20:00h no local da Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº12, baixo- Lugo). Nesta ocasión a proxección-debate xirará en torno a “El Salario del silencio”, unha historia máis de enfrontamentos entre a sociedade e o poder (económico e, por sometemento, político) unha historia máis de traizón os cidadáns, e sobre todo, a historia dun silencio cómplice que permitiu que esta maquinaria de depredación fose avanzando. Ao acabar a película levarán o debate Mabel Rivera, Henrique Banet, de Namche Films, SL; e Alexandre Carrodeguas, membro do Comité Cidadán de Emerxencia.
Tamén haberá outras proxección ao longo do curso con diferentes asociacións e temáticas, entre elas teremos en xaneiro a proxección de “Monseñor Romero” con membros de Axunica, no mes de febreiro “A las cinco de la tarde” con Axuda en Acción, e rematando con dous documentais sobre a India e Etiopía (“A semente-Etiopía”; “A Semente- India”) de Implicadas.
Xa vos iremos informando segundo se vaia acercando a data, de momento tes unha cita no local da Cova (Rúa Nóreas, nº12 baixo) o martes día 28!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario