miércoles, 29 de octubre de 2008

Empezaron As Cinemas de Kandaharia!!




Onte (martes 28) tivemos a primeira proxección-debate, con “El salario del silencio”. Nesta ocasión, contamos coa presenza de Mabel Rivera, Henrique Banet e Alexandre Carrodeguas, quen nos presentaron a problemática da planta de gas, Reganosa, instalada en Ferrol. Agradecerlles a súa visita, e a todas as persoas que se acercaron. Agardamos que fose do voso agrado e que nos vexamos na seguinte!!!



O debate foi moi interesante, a desigualdade na loita, os intereses económicos por encima dos cidadáns, a manipulación e engano da información que chega aos cidadáns, do medo que se lle mete, de atrapalas persoas cun discurso bonito “vamos a crear moitos postos de traballo” “…isto é o progreso”, pero non nos din as consecuencias que poden ter estes “grandes mounstros” (depredadores) na nosa paisaxe, a corrupción política, cambios de chaqueta, entre outros temas.
A pregunta é a seguinte, ¿pensades que todos temos un prezo? E o máis importante, ¿vos durmiriades con 10.000 bombonas de butano debaixo da cama? ¿merece a pena pagar o “progreso” a este prezo? ¿Pensades que o progreso pode ser sustentable?. Agardo as vosas respostas.

No hay comentarios: