miércoles, 15 de octubre de 2008

TEMOS NOVA EXPOSICIÓN !!!



Os máis observadores e observadoras seguro que vos destes conta de que hai colgada unha nova exposición.
Esta exposición: "Consume ata morrer" é unha exposición cedida por Ecoloxistas en Acción e traducida por A Cova da Terra.

A temática desta exposición é unha crítica as Grandes Superficies.


A Gran Superficie é o maior expoñente dun modelo social e ambiental insostible, que afonda no sistema de sobreprodución neoliberal que tantas inxustizas sociais e desequilibrios medio ambientais conleva. As Grandes Superficies destrúen a actividade económica local, crean empregos de baixa calidade e deslocalizan a produción, facen dependentes aos produtores do Sur á vez que maximizan os beneficios de moitas grandes multinacionais. Tamén fomentan un modelo de transporte contaminante e son protagonistas destacados da reordenación especulativa do territorio.

Anímate a botarlle un vistazo !!

2 comentarios:

C.C dijo...

Gracias polo que me toca... ó de observador me refiro ;-)))

Anónimo dijo...

Non se vos escapa nada!!, ja,ja. Gracias a ti por ser tan observador.Iso implica que es unha persoa sensible co teu entorno.