lunes, 13 de octubre de 2008

O turismo como factor de desenvolvemento en Timor Leste

O vindeiro xoves 16 de outubro, ás 20:00h, no local de A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12 Baixo) terá lugar unha xornada sobre: “O turismo ecolóxico como factor de cooperación en Timor Leste”. Esta consistirá nunha conferencia, impartida por Demetrio do Amaral (Haburas Fundation - Timor Leste), baixo o título “Situación social e ambiental no Timor” e a presentación da asociación ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada).

Esta xornada está organizada por A Cova da Terra e ALGA, xornada na que o conferenciante, Demetrio do Amaral, se reunirá con representantes da Cova da Terra, co obxectivo de coñecer máis afondo o comercio xusto e estudar a viabilidade e posibilidade de incorporalos aos seus proxectos.
Achégate o xoves é coñece unha nova experiencia!!

No hay comentarios: