miércoles, 30 de abril de 2008

SEMANA CHEA DE VIDA...

Durante toda a semana dende o luns 5 ao xoves 8 ofreceremos actividades en torno o comercio xusto, que esperamos que sexan do voso interese, co seguinte calendario:



Luns 5, entre as 17:00h e as 20:30h,no local da Cova da Terra, poñeremos pases sucesivos do documental “Café para todos” (15´) de Axuda en Acción. Para amenizar o documental invitámoste a un café no local da Cova da Terra.


Martes 6, videoforum na Cova da Terra ás 20:15h co documental “Dispatches:The supermarket that´s eating Britain” (sobre a cadena Tesco).


Mércores 7, a Cova da Terra participará en Punto Radio ás 13:00h e pola tarde estará ás 16:30h nunha mesa redonda “A percepción cidadá do consumo responsable” no Vicerreitorado do campus de Ferrol (UDC).


Xoves 8, Taller de Solidaridad inaugura o seu novo local na rúa Ramón Montenegro nº 19 de Lugo, onde atoparás os produtos procedentes dos seus proxectos de cooperación. Para esta celebración invitanos a unha charla ofrecida por dúas representantes dunha organización de Filipinas. Ver máis: http://www.tallerdesolidaridad.org/Emprendedoras/



Pero aínda hai máis...

Durante esta semana, grazas a colaboración da Vicerreitoria da Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, poderás degustar café de comercio xusto nas cafeterías da Universidade situadas na facultade de Veterinaria, Maxisterio e Ciencias.

Así mesmo poderás degustar o mesmo café de comercio xusto na Candonga e no Pousadoiro.

Igualmente durante toda a semana podes visitar as exposicións de Comercio Xusto e Consumo Responsable, que estarán nas entradas das facultades de Empresariais e de Ciencias, coa colaboración da Vicerreitoria de Cultura da USC.

Esperamóste nesta semana chea de actividades!!!

No hay comentarios: