A Cova da Terra invitavos a pasar un día de festa con nós o día 10 de maio desde as 11 da maña ata ás 20:30h na Praza maior de Lugo, para celebrar o Día do Comercio Xusto en Lugo.
Estaremos celebrándoo: A Cova da Terra, Taller da Solidaridad, Axuda en Acción, Amigos da Terra e Solidaridade Internacional.
Haberá degustación de produtos de comercio xusto e ecolóxicos, xogos cooperativos, globoflexia, obradoiro de pintura de caras, elaboración de paos de choiva, obradoiro de marcos de fotos feitas con café, obradoiro de xoguetes esquecidos, obradoiro sobre a pegada ecolóxica, contacontos e tamén contaremos coa presenza de dúas representantes dunha organización de comercio xusto de Filipinas.
Agardamos a vosa asistencia e que disfrutedes deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario