martes, 18 de diciembre de 2007
NESTAS DATAS, COMO SEMPRE, CONSUME CON RESPONSABILIDADE
O Nadal inúndanos cunha publicidade que nos invita a un consumo desmedido en moitos sentidos. As ceas, comidas e agasallos enchen os carros da compra igual que milleiros de luces multicores enchen as rúas.
Moito do esforzo que ao longo do ano facemos en prol dun consumo crítico e responsable no eido alimentario, textil, enerxético… esváese durante o Nadal.
Por iso queremos lembrarvos, unha vez maís, que o noso xeito de consumir ten consecuencias.
Antes de mercar, infórmate do impacto ambiental e social dos produtos que consumes e das empresas que os fabrican.
Opta polo comercio xusto, os produtos ecolóxicos de produtoras cercanas e as tendas do barrio. Pero sobre todo, reduce o teu consumo e se crítico coa publicidade que nos crea necesidades superfluas.
Este Nadal, faille un agasallo ao mundo: elixe un consumo responsable.
Se queres algunhas ideas, olla este decálogo que che propoñemos.
Bo Nadal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Boas, primeiro de nada felicitarvos por seguir adiante co proxecto. Eu concretamente só compro té, menta, e cafe na vosa tenda, están boísimos.
Pero teño unha crítica (constructiva) cando vou a tenda sempre voto unha ollada ao pc e amargamente vexo que usades M$-Windows un producto dunha transnacional americana que é referente do sw privativo.
Sendo a vosa tenda unha tenda con filosofía de comerzo xusto e solidadirio entendo que deberiades usar un software cunha filosofía que concorde máis coa vosa actividade; estou a falar do software libre, un sw que promove a coñocemento libre, a dispersión de sabiduría, a igualdade entre os pobos.
Hoxe en Galiza son moitisímas as asociacións que promoven este movemento vexase:: agnix.org, galpon.org, ousli.org. glug.es,... por poñer un exempolo.
Se queredes máis información non dubidedes en contactar con calquera delas, principalmente con agnix.org dado que eu formo parte de ela e axudaremosvos en todo o que necesitedes.
Sair do sw privativo cara o sw libre é o mesmo que deixar de comprar no corte-ingles para ir mercar a Cova da terra, ;-)
Saudos e saude.
toniolugo@gmail.com
Por certo, o tema de que olle o pc é por deformación profesional, son programador; e sempre se me vai a vista hacía todo tipo de aparello, xa sexa electrónico, mecanico ou informático...
Tonio, tes toda a razón do mundo.
Neso andamos. A nosa idea é pasarnos ao software libre, e se non o fixemos ata agora é só por unha cuestión de coñecemento e inercia.
Pero está ben que nos cuestionedes estas cousas, porque nos fai espabilar.
Terémolo como propósito fundamental para 2008!
Boas Roberto, alegrome oir iso!!! como che dixen en agnix.org ou calquera das outras está disposta a axudarvos no que precisedes que para iso existimos. E dado que como dixen na primeira entrada as filosofias de ambos movementos son moi parellas, co tempo podiase facer cousas xuntos -charlas, coloquios,...- o caso sería dar a coñecer o sw libre dentro do mundo do comerzo xusto e dar a coñecer o comerzo xusto dentro do ambito do sw libre.
Pola miña parte a porta esta sempre aberta...
Saudos e saude.
Concordo co falado, estou moi de acordo e ademáis aporto que teño un contacto interesantísimo. Roberto Brenlla, unha persoa de referencia no Software Libre a nivel nacional, o que lle comentei se algún podría vir ata a Cova a dar unha charliña. A súa resposta foi positiva e creo que non deberíamos deixar pasar esta charla.
Un saúdo!
Saleta
Pois mira ti que eu tamén coñeco ao citado Sr.Brenlla mesmo publico todolos dias novas con él en agnix.org jejeeee e podo asegurar que as suas charlas son do mellorciño, interesantes/didacticas/divertidas... un fenomeno...!!!
Publicar un comentario