lunes, 5 de noviembre de 2007

Club de lectura e proxección-debate, para comezar novembro con ánimo

Esta semana dan comezo dous ciclos na Cova da Terra.



Por un lado, a nova tempada do Club de Lectura que coordinamos conxuntamente con IND, estréase este mércores 7 ás 20:30 coa análise do libro "O son das buguinas". É un libro de relatos de diversos autores coordinado por IND. Para participar no debate contaremos con Marilar Aleixandre, autora dun dos relatos do libro.




Por outro lado, o venres 9 ás 20:00 proxectarase o primeiro filme do ciclo de proxeccións debate organizado en colaboración con ALAS, ALUME, AI, ADEGA e Cuca Carballo e David López.
Desta primeira sesión encargarase ALUME, e a película escollida é "Elling" que aborda o complexo proceso de reintegración do protagonista despois dunha longa estancia nun hospital siquiátrico. Despois da proxección terá lugar o debate, no que participarán Soledad López (siquiatra e socia de Alume) e Cristina Barreiro (presidenta de Alume).

Como vedes, comezamos novembro cheos de actividade. Animádevos a participar!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Interesantes poñentes que seguro teñen moito que contar.

Aproveito para comunicar que se vos atopades ese mesmo día 9 de Novembro na Coruña proxectarán no CEGAI o corto de Julio Medem 1%Esquizofrenia.

Saudiños,

Saleta