miércoles, 14 de noviembre de 2007

Responsabilidade e Ir-responsabilidade social corporativa





O vindeiro martes 20, ás 20:00h, Jesús Carrión impartirá unha charla sobre Responsabilidade Social Corporativa na Cova da Terra.

Jesús Carrión é economista especializado en Administración de Empresas pola Universidade de Barcelona e membro do Observatorio de la Deuda en la Globalización. O Observatorio de la Deuda en la Globalización é unha rede de investigación activista, que trata de denunciar os actores e mecanismos que provocan as profundas desigualdades e inxustizas sociais entre paises do Norte e do Sur.
No Observatorio é membro do grupo que monitorea os impactos das empresas de capital español nos países do Sur, e coordina a área de Ir-responsabilidade Social Corporativa. Actividades que compaxina con ser responsable da xestión económica de proxectos.
Este próximo mes de nadal publica o libro "Desenmascarando la Responsabilidad Social Corporativa. Repsol YPF: un discurso socialmente irresponsable", escrito en co-autoría con Marc Gavaldà, licenciado en Ciencias Ambientais e experto en enerxía e impactos ambientais e sociais.

Agardamos que sexa do voso interese!





1 comentario:

rodicio dijo...

Que mágoa!
Estoume perdendo moitas charlas chulas...

¿Algúen podía facer algúns pequenos resumos, ou poñer uns enlaces a cousas a maiores, ou...