Con esta iniciativa queremos achegar os recursos que ofrece Kandaharia máis aló das murallas lucenses, a todos os colectivos e persoas interesadas nas temáticas que aborda o centro, que conta con fondos bibliográficos e audiovisuais, materiais educativos e recursos tecnolóxicos.
Desde esta páxina poden consultarse os fondos do centro de documentación, estar ao tanto dos novos fondos que van chegando e das actividades organizadas desde o centro, solicitar préstamos online e outras facilidades.
A páxina está en constante evolución, pois continuamente chegan novos fondos e actualízase o listado dos existentes.
Podedes enlazar a web de Kandaharia desde a páxina da Cova da Terra ou acceder directamente pinchando aquí.
Convidámosvos a que a visitedes, ¡e agardamos que sexa do voso interese!
1 comentario:
Terei que ser a primeoira pois!! Parebens xente, impresionante todos estes novos medios, moitos parabens. Vémonos este finde na asamblea!!
saleta
Publicar un comentario