jueves, 26 de abril de 2007

Presentación do libro "Agroecología y consumo responsable"


Onte estivo pola Cova Pilar Galindo, presentando o libro "Agroecología y consumo responsable", do que é coautora e coordinadora.
Na presentación, Pilar falou das consecuencias da globalización alimentaria e das alternativas locais e ecolóxicas coas que se ven traballando desde os grupos autoxestionados de consumo.
O libro, que reflexa a experiencia e as posicións destes colectivos, está desde hoxe á vosa disposición na Cova.

3 comentarios:

rodicio dijo...

ai ho, que guapiñ+s que estades!

A verdade é que a charla daba para moito, mágoa que tivera presa de chegar a El Ferrol del Caudillo á seguinte xornada da "turné".

Daban para bastante debate varios temas:
-A nutrición (dicía que fixera un estudo da tendencia a aumentar o % de consumo proteínas en carne)

-O tema boikots (Xa que son de VAlleKas...)

-O tema de dispersión ou desagrupación dos grupos de consumo (paradóxicamente ao Principio de traballo de "REcuperar redes sociais naturais"

Entrecollido do libro: "Nuestro Modelo: principios
a)"concebimos la relación productor+s con asociaciones de consumidor+s como una red de apoyo mútuo"
b) "El desarrollo de la producción agroecológinca de alimentos solo es posible desde el compromiso de redes de distribución urbanas que aseguren un volumen de compra y unos precios justos"

E fala de que os grupos de Consumo empezaron hai 10 anos (...?), nos cumios contraglobalización, onde a xente de Via Campesina topa nas manifas contra a OMC a urbanitas e demáis.

E a crítica á estratexia do goberno NAOS (nutrición, actividade física, contra a obesidade infantil...)

Hai que seguir co debate

Anónimo dijo...

Hai que replantearse moitas cousas do noso consumo... Está claro que os euros que poñemos enrriba do mostrador non son inocentes de nada. Realmente, cando afondas un pouco en calquera tema, atopas que vivimos nesa especie de "matrix" ou mundo inconsciente creado, neste caso, só para que consumamos máis e mellor. Homo consumensis.

rodicio dijo...

-O enlace ao traballo desta xente do CAES (CEntro de Asesoría Autónomo de Estudios Sociales)

Teñen colgados programas moi interesantes de RAdio sobre Agroecoloxía.

Imos tratar de poñelos En Radio Clavi.

Enlace:http://www.nodo50.org/caes/