lunes, 16 de febrero de 2009

A las cinco de la tarde!!!


O pasado xoves, puidemos desfrutar dunha nova proxección-debate das Cinemas Kandaharia, A las cinco de la tarde (a pesar de que algúns medios se empeñaron en poñer que era Monseñor Romero, a proxección anterior). Graciñas as persoas que fixeron que o coloquio posterior fose tan interesante.

lunes, 9 de febrero de 2009

Cinemas Kandaharia: A las cinco de la tarde!!!


O xoves 12 de febreiro, ás 20:00 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12 baixo) proxección-debate “A las cinco de la tarde”. Esta vez contaremos con Axuda en Acción, que serán os encargados de levar adiante o posterior coloquio. Agardamos que sexa do voso interese e o difundades entre a vosa xente. Vide cos vosos amigos e amigas e desfrutade do ciclo de proxeccións-debate das Cinemas kandaharia!!!
Dirección: Samira Makhmalbaf
Ano: 2003
Sinopse:
Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse as escolas para as mulleres. Nogreh é unha rapaza que pretende dedicarse á política e incluso chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka e as tradicións do réxime machista seguen profundamente arraigadas na vida social do país.

martes, 3 de febrero de 2009

Fotos da masa crítica de Xaneiro

Se queredes ver as últimas fotos da masa crítica en Lugo, de xaneiro, podedes facelo dende aquí. Que as disfrutedes!!!

lunes, 2 de febrero de 2009

Cinemas na Cova


O xoves 5 de febreiro, ás 20:30 horas, na Cova da Terra (Rúa Nóreas nº12 Baixo) unha nova proxección de Cinema da Cova. Esta vez o título elexido é Vibrator. Agardamos a túa visita!!!


Ryuichi Hiroki, despois dunha longa carreira como director -conta con más de 40 títulos no seu haber, entre eles "L'amant", "Female" ou "It's only talk" - comezou a ser recoñecido a raíz do éxito internacional desta cinta, que recolleu unha vintena de premios en festivais de todo o mundo. Antes adicara a súa carreira sobre todo ó pinku-eiga, un xénero de cine erótico de baixo presuposto moi popular no Xapón.