O xoves 12 de febreiro, ás 20:00 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12 baixo) proxección-debate “A las cinco de la tarde”. Esta vez contaremos con Axuda en Acción, que serán os encargados de levar adiante o posterior coloquio. Agardamos que sexa do voso interese e o difundades entre a vosa xente. Vide cos vosos amigos e amigas e desfrutade do ciclo de proxeccións-debate das Cinemas kandaharia!!!
Dirección: Samira Makhmalbaf
Ano: 2003
Sinopse:
Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse as escolas para as mulleres. Nogreh é unha rapaza que pretende dedicarse á política e incluso chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka e as tradicións do réxime machista seguen profundamente arraigadas na vida social do país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario