miércoles, 16 de diciembre de 2009

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON AMINETU HAIDAR

XOVES, 17 DE DECEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, NA PRAZA MAIOR EN LUGO.

Diversas organizacións da sociedade civil lucense, fan un chamamento, en réxime de autoconvocatoria, á cidadanía para que participe nun acto de solidariedade e apoio a Aminetu Haidar e ao pobo saharauí, de indignación e protesta pola ocupación marroquí dende hai 34 anos, de reclamación de medidas por parte da comunidade internacional e en especial ao goberno do estado español, esixindo que asuma as súas responsabilidades por ser forza ocupante do territorio saharauí nese intre recoñecendo oficialmente á RASD (República Árabe Saharauí Democrática) e que se reclame ó Reino de Marrocos a devolución dos territorios ilegalmente ocupados.

1 comentario:

Anónimo dijo...

xa voltou a casa menos mal, non foi sen tempo, esperemos que todo este sufrimento servira para algo...

saleta