miércoles, 14 de octubre de 2009

Únete ao voto polo Pacto Galego contra a Pobreza!!!

En LUGO, coa colaboración do Consello de Asociacións terá lugar:

- Unha mesa informativa con reparto de materiais e acto simbólico coas urnas para o voto polo Pacto Galego contra a Pobreza, que se celebrará na Praza Maior, dende o mércores ata o venres. Tamén se poderá votar no local de A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12, baixo), no horario de 9:30-14:00horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Agardamos o teu voto polo Pacto Galego contra a Pobreza!!!

- Mércores 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos: Conferencia de Hugo Torres, actualmente deputado do Movimiento Renovador Sandinista, que nos contará dende a súa experiencia, a situación de Nicaragua e cál é a realidade do compromiso cos Obxectivos do Milenium en Nicaragua.

Se queres botar unha man, no horario que mellor che conveña e o tempo do que dispoñas para atender a mesa informativa na Praza Maior, ponte en contacto coa Cova da Terra (982230211, covadaterra@yahoo.es), Taller de Solidaridade ou Axunica.Contamos contigo? Anímate!!

Se podes botar unha man únete a nós, de 18:00-20:00 horas estaremos na Praza Maior. Tamén se algún de vós se anima a montar a mesa noutros horaios, só tedes que propoñelo.
Tamén aproveitamos para animarvos a participar na manifestación que será o sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, en Vigo, e que pecharán os actos da Semana Galega Contra a Pobreza. Máis información aquí.
Agardámoste!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi interesante a conferencia de Hugo Torres sobre o Movemento Renovador Sandinista e a súa visión política do que na Nicaragua de Daniel Ortega está a acontecer, moi interesante!!! Entráronme moitas ganas de ler ó seu libro “Rumbo norte, Historia de un sobreviviente”.

Moitas Grazas polo evento Cova!!