martes, 30 de junio de 2009

Xornada antitaurina en Sarria!


Membros de A Cova da Terra, xunto con outras organizacións, participaron na manifestación convocada por Galicia, mellor sen touradas, celebrada este domingo en Sarria contra as corridas taurinas, e onde se reivindicaba outro tipo de espectáculos para a festa de San Xoán.
Contrastade a forma de ver a mesma noticia en dous medios diferentes, a primeira tedela na imaxe superior, e a segunda podedes vela no seguinte enlace, seguro que as persoas que asististedes tedes moito que dicir.
Que vos parece o tema? Estades a favor, en contra...? Deixa os teus comentarios!!!
Aqui podedes ver un vídeo da manifestación:

3 comentarios:

Aaana dijo...

De que medio é a noticia da imaxe?
Na web dos informativos da TVG hai un video tamén:

http://www.agalega.info/videos/?emi=7824&corte=2009-06-28&hora=20:52:25&canle=tvg1

Eu estiven alí (o video de youtube subino eu)e a verdade é que o dos nenos impresionoume moito. A nova da imaxe di que se criticaba a entrada de nenos a partir de 14 anos mais eu vin nenos de menos idade camiño da entrada...ainda que non podo dicir que os vira entrar.

Anónimo dijo...

Ola!
Son Belén.
Eu non estiven alí pero, en alusión ó comentario dun tal Juan Santos que aparece no enlace, eu estou moi orgullosa de SÍ ser dos que defende que (coma neste caso) os animais non sufran para a diversión duns cantos e tamén son das que defenden a liberdade da muller (aínda que teña 16 anos) para decidir abortar ou non.

Anónimo dijo...

Hola!

Eu estiven na manifestación... o que mais me chamou a atención
foi que ocorresponsal da Voz de Galicia de Sarria levara unha pañoleta dunha peña taurina... Isto explica a "obxetividade" da noticia.