Ola, son Lucía, da Cova da Terra. Oficialmente o Concello da razóns para impedir a feira, que non son as reais (defectos de forma...) Tería que ser o Concello o que se explicara. Nun pleno que houbo estes días presentábase unha moción sobre o tema, pero eu aínda non teño noticia do que se falou alí. Se hai algo interesante comentámolo. Pero básicamente, ao meu entender, é unha cuestión de abuso de poder empregando un mal concepto da política para os intereses dun partido ou dunha corporación local en vez de "traballar para o pobo". Saúdos: Lucía.
Son Lucía de novo. A primeira resposta do Concello cando nola denegaron foi que diante do Concello só se podían poñer as casetas para a Feira do Libro e non sei si para algunha cousa máis en concreto, pero para nada máis, e que as casetas non quedaban alí nin un día máis do previsto. Isto non creo que estea recollido en ningunha normativa local e probablemente sería discutible, polo que a versión oficial que lles deron aos medios de comunicación, e a nós a segunda vez que falamos con eles, foi o do defecto de forma porque o Consello de Asociacións non é unha entidade legalmente constituída. Eles saben perfectamente que calquera das asociacións lle podiamos ter feito e presentado de novo a petición ao noso nome, si ese era o problema, en cuestión de media hora. Logo iba tratarse o tema no pleno do Concello nunha moción presentada polo BNG e o PP, pero os do PP saíron do pleno antes dese punto en protesta por outro desacordo nun punto anterior e cando chegou como non estaban perdeuse a votación. Eu non entendo ben como funciona isto, pero debe de ser que xa nin sequera se tratou. Por suposto a cousa ten máis cola, xa da suspensión da primeira feira, e do que se poida pensar que son os verdadeiros motivos. Cada quen terá a súa idea. Saúdos: Lucía.
Desde 1995 A Cova da Terraestá a traballar por un comercio baseado no respecto ás persoas, ao medio natural e ás culturas, pagando un prezo xusto polos productos de preto e de lonxe. Buscamos o cambio social desde un consumo consciente e responsable.
¿Onde estamos?
Rúa Nóreas, nº12 27001 de LUGO asociacion(@) covadaterra.org
¡Un blog aliméntase dos teus comentarios!
Deixa os teus comentarios, a túa opinión conta! Déixate notar!
¡Apoia as nosas actividades! ¡Faite soci@!
Pasa pola tenda (Rúa Nóreas, nº12 Lugo) ou escríbenos un correo electrónico o seguinte enderezo: asociacion@covadaterra.org
4 comentarios:
¿Qé foi o que pasou?
Ola, son Lucía, da Cova da Terra.
Oficialmente o Concello da razóns para impedir a feira, que non son as reais (defectos de forma...)
Tería que ser o Concello o que se explicara. Nun pleno que houbo estes días presentábase unha moción sobre o tema, pero eu aínda non teño noticia do que se falou alí. Se hai algo interesante comentámolo.
Pero básicamente, ao meu entender, é unha cuestión de abuso de poder empregando un mal concepto da política para os intereses dun partido ou dunha corporación local en vez de "traballar para o pobo".
Saúdos:
Lucía.
Qué forte! Informade de se hai unha explicación oficial, iso do defecto de forma é o que sempre se usa como excusa.
Son Lucía de novo.
A primeira resposta do Concello cando nola denegaron foi que diante do Concello só se podían poñer as casetas para a Feira do Libro e non sei si para algunha cousa máis en concreto, pero para nada máis, e que as casetas non quedaban alí nin un día máis do previsto.
Isto non creo que estea recollido en ningunha normativa local e probablemente sería discutible, polo que a versión oficial que lles deron aos medios de comunicación, e a nós a segunda vez que falamos con eles, foi o do defecto de forma porque o Consello de Asociacións non é unha entidade legalmente constituída.
Eles saben perfectamente que calquera das asociacións lle podiamos ter feito e presentado de novo a petición ao noso nome, si ese era o problema, en cuestión de media hora.
Logo iba tratarse o tema no pleno do Concello nunha moción presentada polo BNG e o PP, pero os do PP saíron do pleno antes dese punto en protesta por outro desacordo nun punto anterior e cando chegou como non estaban perdeuse a votación. Eu non entendo ben como funciona isto, pero debe de ser que xa nin sequera se tratou.
Por suposto a cousa ten máis cola, xa da suspensión da primeira feira, e do que se poida pensar que son os verdadeiros motivos. Cada quen terá a súa idea.
Saúdos:
Lucía.
Publicar un comentario