miércoles, 20 de mayo de 2009

Libros Baladre


O pasado martes 12 de maio contamos coa presenza de dous representantes do colectivo Baladre, os cales nos presentaron algunhas das súas publicacións e nos falaron do seu traballo sobre Renta Básica, que levan anos desenvolvemendo.
Sabedes o que é a Renta Básica? Cal é a túa idea o respecto? Coñeces algunha experiencia deste tipo? Gustaríache saber máis?... Pois anímate e escribenos a túa opinión sobre o tema, pídenos máis información, comparte con nós artigos, publicacións... DEIXA OS TEUS COMENTARIOS!! A TÚA OPINIÓN CONTRIBUE A ENRIQUECERNOS TODOS!!!


Podedes adquirir na tenda de A Cova da Terra, ou consultar no Centro de Recursos Kandaharia (Rúa Nóreas nº 12 Baixo), as publicacións que nos presentaron así como moitas outras sobre o tema. Anímate e escribe o teu comentario sobre o que che parecen!!
A continuación poñemos unha reseña de cada publicación para que vexades o interesantes que poden resultar:






Caderno: “Unha definición sobre A Renda Básica das Iguais”


No ano 2009 as xentes de Baladre decídense a desenvolver o Estudo de Viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza, xunto coa colaboración de xentes dos movementos sociais galegos.
Este texto pretende ser un instrumento divulgativo da proposta da RBis en Galiza co que pretendemos chegar a grupos e persoas que andan na procura de ferramentas que abran fendas nun sistema que nesta terra tamén segue producindo desigualdade e inxustiza. A RBis queremos que sexa outro punto de partida máis para que dende os nosos barrios, os nosos grupos, etc. construír outro mundo para o cal é necesario que exploremos e vivamos alternativas como esta.


Nuestros barrios, nuestras luchas. Experiencias de intervención en barrios periféricos
Autores: Xentes de Baladre


É un conxunto de textos que narran experiencias relacionadas coa intervención social nos barrios periféricos. Trátase de experiencias levadas a cabo por persoas que están directamente implicadas en redes sociais dos lugares nos que ocorren as accións.As historias que se contan teñen en común o estar imbricadas no tecido vivo dos barrios e territorios nos que se ubican. Nas páxinas do libro hai implícita unha forma de entender a intervención e o traballo social, que é tamén unha forma de concebir a loita, comprometida coas persoas e as comunidades.



¿República sí o no?
Sobre las sociedades y las formas de gobierno: la propuesta del municipalismo.


Autor: José Iglesias Fernández.


Tal como analiza José Iglesias neste breve ensaio, os chamamentos actuais en pos dunha Terceira República española e os outros proxectos republicanos non deixan de ser, no fundamental, intentos de constituír un réxime similar ás democracias parlamentarias europeas, é dicir, un réxime como o que xa padecemos pero sen a figura do rei. En ningún destes proxectos se cuestionan as estruturas de propiedade e de reparto da riqueza nin os mecanismos de decisión, polo cal non poden ser alternativa para ninguén que aspire a un cambio radical respecto ás bases do sistema actual.O autor, apunta na dirección do municipalismo como horizonte inmediato de transformación cara a unha sociedade descentralizada, con formas de democracia directa e onde se favoreza a economía local, para poder superar a crise económica e ecolóxica á que nos arrastra o capitalismo.



Se vos interesa a fondar máis no tema, tamén podes consultar os seguintes enlaces:
- Artigos de Jose Iglesias en Kaos en la Red.


Dende aquí vos animavos a que deixedes os vosos comentarios, que opinades sobre a Renta Básica, contadenos e compartide con nós o que sabedes sobre esta temática, as vosas experiencias, etc. Deixanos a túa opinión!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A NECESARIA UTOPÍA

Veño de falar largo e tendido con Manolo Saez e Jose Iglesias, traballadores incansables pola Renda Básica das Iguais e as loitas mal chamadas “radicais” por la necesaria consecución dun cambio de sistema.
Unha das cousas que máis me gustou do seu discurso foi a valentía de chamarlle utopía á súa defensa dun modelo de Renda Básica para Iguais. Neste mundo da practicidade no que nos deixamos existir, a palabra utopía define para moita xente aquelo polo que non merece a pena loitar posto que se admite a priori a imposibilidade de conseguilo.
Aquí veñen a conto, inevitablemente, as palabras de Galeano comparando a utopía co horizonte, sabendo que aínda que camiñes cara a calquera dos dous sempre están igual de lonxe, pero como el dixo para iso precisamente serve a utopía, para camiñar.
E eu engadiría algo máis, para camiñar no camiño correcto, posto que cada vez que nos prantexamos obxectivos intermedios non guiados por unha visión utópica clara, os nosos pasos seguirán camiños diferentes, as veces incluso diverxentes, cara eses obxectivos. Probablemente aprenderemos algo no proceso, todo camiño regala ensinanzas ao camiñante, pero ineludiblemente nos desviarán e nos desgastarán nun esforzo non sempre ben empleado.
Sería por tanto necesariamente imprescindible (concedédeme licenza para tentar enfatizar o discurso) que antes de emprender calquera acción, e me dirixo con esta sentencia principalmente ás persoas que estamos tentando cambiar algo desde os movementos sociais nunha sociedade e nun mundo que non nos gusta, botáramos man da necesaria utopía, que fóramos capaces de definir unha visión, unha sentencia sinxela cara á que avanzar nun camiño firme. Neste senso ten sentido que o noso obxectivo sexa cambiar o sistema, o capitalismo salvaxe no que vive a nosa sociedade produce pobreza, desigualdade, inxustiza, infelicidade, escravitude, dependencia... Non serve buscarlle resquicios polos que tentar melloralo.
Poren habitualmente no noso traballo social definimos como obxectivos, por exemplo, a loita por unha economía máis xusta, un sistema político máis participativo, etc. Tentemos darlle unha volta máis a estas reflexións, sexamos críticas co noso propio pensamento, e moi probablemente cheguemos á conclusión de que si nos prantexamos un necesario horizonte no que o verdadeiro obxectivo sexa un cambio de sistema, todas estas accións pasan a ser unicamente ferramentas. Nese momento estaremos en situación de deseñar esas ferramentas para que realmente nos permitan camiñar cara ao horizonte e non nos perdamos en esforzos desgastadores.
Estas e outras ensinanzas pódense extraer facilmente dunha interesante conversa con Jose Iglesias e Manolo Saez. Para as que non teñades o placer e a oportunidade de facelo están os seus textos, non deixedes de botarlles unha ollada... crítica...

Lucía Medina Navarro
A Cova da Terra

Anónimo dijo...

A verdade é que a cita que comenta Lucía de Galeano é do máis apropiado para describir a conversa-presencación que tivemos o pasado martes con Manolo Saez e Jose Iglesias.
Precisamos cada vez máis da ilusión que ten que estar enmarcada na utopía, motor da nosa acción.
A renda básica das iguais é sen dúbida hoxendía unha utopía, mais non por iso temos que pensar que non é posible comezar a dar pasos hacia ela.
É de agradecer que sigan existindo persoas coma Manolo e Jose que nos recorden que se poden facer as cousas de xeito que se cumpra a premisa "eu gaño, ti gañas"; en contraposición á norma que impera neste sistema: "eu gaño, ti perdes". Ese mesmo sistema que nos di que só hai unha alternativa
Ánimo e a seguir xestando alternativas . . .
E que viva a diversidade!
Ringo