
O mércores 14 de xaneiro ás 20:30 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12 Baixo) terá lugar unha nova reunión do Club de lectura, que organizan A Cova da Terra e Implicadas no Desenvolvemento. Nesta ocasión o libro elexido é Contrato Temporal, de Beatriz Dacosta, que trata dun tema pouco frecuente na literatura galega: mundo laboral, precariedade, globalización, deslocalización, pero moi frecuente na nosa vida diaria. Anímate a participar seguro que tes moito que contar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario