martes, 20 de enero de 2009

Cinemas de Kandaharia


O xoves 22 de xaneiro, ás 20:00 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12 Baixo), teremos unha nova proxección - debate dos Cinemas de Kandaharia. Nesta ocasión, a proxección será: “Monseñor Romero”e o posterior debate que será levado por Ana Vila (Cooperante en Nicaragua) e outros membros de Axunica. Agardamos vervos!!!

Reunión do Club de Lectura


A reunión do Club de lectura, que se celebrou a semana pasada na Cova, entorno o
libro Contrato Temporal, tivo un debate moi interesante entre os asistentes, aportando cada un o seu graniño de area en torno a temas como a cuestión laboral, xénero, a crise... e un largo etc, que resultou moi animado.

Apoio a Palestina

Poderedes encontrar máis información sobre o que está pasando en Palestina nos seguintes artigos:
Agardamos que sexan do vos interese!!

lunes, 12 de enero de 2009

Club de Lectura na Cova da Terra!!


O mércores 14 de xaneiro ás 20:30 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12 Baixo) terá lugar unha nova reunión do Club de lectura, que organizan A Cova da Terra e Implicadas no Desenvolvemento. Nesta ocasión o libro elexido é Contrato Temporal, de Beatriz Dacosta, que trata dun tema pouco frecuente na literatura galega: mundo laboral, precariedade, globalización, deslocalización, pero moi frecuente na nosa vida diaria. Anímate a participar seguro que tes moito que contar!!

Última masa crítica!!

Se queredes ver o video da masa crítica Nadal pinchade aquí!!

Toni Lodeiro estivo na Cova!!

Como vos anticipabamos Toni Lodeiro presentou na Cova o seu libro Consumir menos vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más consciente. Toda unha experiencia!!