A Cova da Terra organiza a semana da sustentabilidade. Esta terá lugar, a vindeira semana dende o martes 18 de novembro ao venres 21 de novembro, ás 20:00 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº12 baixo).
Entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que o soliciten. A entrada é libre.
Durante estes días, contarase con diversas actividades, entre elas:
Martes 18: “Ecoaldeas e Comunidades: experiencias cara á sustentabilidade”
As ecoaldeas ou asentamentos sostibles como unha das posibles solucións para integrar un entorno social saudable e un estilo de vida de baixo impacto medioambiental.
Neste enlace recóllense as vivencias e as descricións das comunidades visitadas polo relator da conferencia e aquí tedes unha reportaxe sobre o tema.
Mércores 19: Proxección do Documental: “Construíndo con palla” e Debate posterior.
Este documental alemán mostra a situación actual deste novo sistema construtivo, diferentes exemplos e posibilidades de deseño de casas realizadas con balas de palla (material de construción antigo, e á vez novo e interesante: renovable, ecolóxico…). Aquí tedes un anticipo.
Xoves 20: "Mobilidade nas cidades galegas. O uso da bici como medio de transporte. A experiencia das masas críticas”
A bici como un medio de transporte, os incovintes dunha cidade que crece por e para os coches, alternativas a utilización do coche e a humanización das cidades, e a reivindicación do uso da bicicleta como medio eficaz de transporte a través do movemento da masa crítica en Galicia. Tedes máis información aquí e no blog. Tamén tedes aquí unha reportaxe moi interesante e podedes tamén consultar o bici concerto que se vai facer.
Venres 21:"Implicacións dos procesos de certificación da xestión forestal sustentable en comunidades nativas en Sudamérica: Os casos de Callería en Perú e Cristobal Colón en Ecuador".
Dúas experiencias, que coñece o relator de primeira man, sobre o manexo forestal sustentable por parte de comunidades locais en zonas de Perú e Ecuador, e as implicacións da certificación forestal tanto a nivel de mercado e xestión como da comunidade
Ademais podedes calcular a túa pegada ecolóxica!!!
Como vedes un programa moi completo.
Difundeo entre a túa xente e anímate a visitar esta SEMANA DA SUSTANTIBILIDADE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario