Eric Holt-Giménez, director executivo de Food First (Instituto para a Política Alimentar e de Desenvolvemento) estará en Galiza coa ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) para falar sobre a “Crise alimentar global. Causas e situación. A alternativa da soberanía alimentar”. Aproveitando esta ocasión a Cova da Terra (a cal forma parte da ISAP) organiza unha conferencia deste recoñecido especialista en Lugo, que terá lugar o martes 25 de novembro, ás 20:00 horas, na galería Sargadelos. Agardamos a vosa presencia!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario