O 28 de maio, ás 20.00h, terá lugar no local A Cova da Terra unha xornada sobre un “Achegamento do Software Libre”. Para iso contaremos coa presenza de Roberto Brenlla, economista, autor de numerosos artigos, documentacións e novas sobre Software Libre en diversas publicacións electrónicas galegas e brasileñas, funda a empresa C.T.I. TEGNIX, da cal foi xerente, sendo ésta unha consultora adicada a dar soporte informático e unha dilatada experiencia da cal, poderemos disfrutar durante esta xornada! Coñece o blog de Roberto Brenlla e o de asennadas.
martes, 20 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Como que o 28??????????? que é o 25 de maio!!!!!!! según a web de Asennadas claro...
haber a que estamos :-/
Pois si que está ben!! A Charla é o 28 de Maio e Roberto xa correxiu na Assenadas, pobre, él tamen se equivoca que ten boca
saleta
O software libre é ao software o que o comercio xusto ao comercio. A ver se tomades nota e poñedes uns sistema operativo libre no computador que tedes na tenda... e se necesitades software a medida, adaptacións ou formación tedes en Lugo empresas que traballan con software libre ;)
Ben falado manu!!! hai que adaptarse, oes pero tes que explicarlles que porque sexa sw libre o traballo NON é gratis, non se vaian trabucar e pensar que a xente que desenrrola en sw libre vive do aire.
Isto seguro que o Sr.Brenlla o deixara ben aclarado na sua charla.
Alaaaa acabo de enterarme, maldita sexa!!! que magoa!! supoño que contaredes como foi a cousa, eu son un apaixonado tamén deste movemento por iso me fastidia non saber del antes...
Poderiades contar como foi a cousa??? houbo xente??? fixesteslle pouco rebunvio nonsi?? bueno haber se repetides o asunto e vemonos na próxima...
Saudos from Viveiro!
Publicar un comentario