lunes, 18 de febrero de 2008

As cinemas de Kandaharia presentan: "UNHA LOUSA SOBRE O COUREL"



O vindeiro venres 22 ás 20:00h estrearase en Lugo, na Cova da Terra, o documental "Unha lousa sobre o Courel".
Dirixido por Enrique Banet e producido por Maber Rivera, o documental afonda na problemática das louseiras no Courel e cuestiona o modelo de desenvolvemento que se está a aplicar nesta serra, de alto valor ecolóxico.
Nesta ocasión é ADEGA a organización encargada da proxección dentro do ciclo de proxección-debate "As cinemas de Kandaharia".
No debate intervirán o director e a productora do documental, acompañados de Orlando Álvarez (veciño do Courel e vicepresidente de SOS Courel)e Lois Toirán (secretario de Adega Lugo).

No hay comentarios: