martes, 22 de enero de 2008

Volven as proxeccións-debate das cinemas de Kandaharia: 20 centímetros


Este venres 25 de xaneiro, ás 20:00 h, o colectivo ALAS proxecta a película "20 centímetros" dentro do ciclo de proxeccións-debate das Cinemas de Kandaharia.

"20 cm", película dirixida por Ramón Salazar en 2005, relata a historia de Marieta. Marieta quere deixar dunha vez de chamarse Adolfo e que desapareza ese nome do seu DNI. Sofre de narcolepsia e sempre se queda durmida no momento menos oportuno. Pero nos seus ataques de sono, que dan orixe aos números musicais, Marieta canta maravillosamente e fala idiomas.

Despois da proxección teremos o debate, que levarán Guillermo Redondo, Ángel López, Cristal Ramírez e Diego Rodríguez, do colectivo ALAS.

No hay comentarios: