A Cova da Terra, sábado 24 de novembro
O vindeiro sábado dia 24 de novembro, a partires das 10 da mañá, desenvolverase na Cova da Terra unha xornada sobre dinamización de centros de documentación. Contaremos coa presenza de Itziar Hernández, responsable do Centro de Documentación de Hegoa. Hegoa, Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional, é unha organización sen ánimo de lucro ligada á Universidade do País Vasco, con sede en Bilbao.
As xornadas están pensadas para todas aquelas asociacións que dispoñan de recursos bibliográficos e educativos e queiran sacarlles o máximo proveito, así como para todo aquel que precise da utilización de material bibliográfico e didáctico na súa actividade asociativa.
Itziar Hernández contaranos a experiencia do centro de doumentación de Hegoa e nos dará pistas sobre como sacarlle o máximo partido aos recursos bibliográficos e educativos nas nosas actividades.
Haberá un obradoiro para plantexar dúbidas e resolver cuestións prácticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario