O próximo mércores 27 de xuño, ONGs, sindicatos, cooperativas de consumo, grupos ecoloxistas e outras organizacións galegas que defenden modelos de consumo baseados na Soberanía Alimentaria, reuniranse en Compostela para coordinar o desenvolvemento en Galicia da campaña contra as grandes superficies lanzada o pasado 17 de abril, Día da Loita Campesiña. A coordinación a nivel estatal desta campaña reuneuse a fin de semana pasada en Villanueva de Villaescusa (Cantabria) coincidindo coa reunión semestral do Espacio por un Comercio Justo.
Pero, ¿por qué unha campaña contra as grandes superficies?
Asistimos actualmente, e de forma crecente en todo o planeta, a un empobrecemento rural alarmante, agresións ambientais en aumento, sistemas de produción e comercio de alimentos altamente insostibles, e unha preocupante concentración de poder corporativo sobre un dereito humano básico como é a alimentación. Un control corporativo cada vez máis agresivo coas sociedades e o medio ambiente. Entre todos os eslabóns da cadea agroalimentaria, resulta especialmente preocupante o crecente poder e condicionamento que exercen as grandes empresas de distribución alimentaria, especialmente sobre os productores e os consumidores. Faise cada vez máis evidente que a defensa do paradigma da Soberanía Alimentaria, dun mundo rural vivo, dunhas producións sostibles, dunhas relacións comerciais máis xustas e equitativas, e dunha estratexia clara e consistente de loita contra a fame e a pobreza, pasa por cuestionar o papel destes axentes económicos.
No estado español, 5 empresas controlan o 55% de toda a distribución de alimentos. Unha delas (Carrefour) representa casi o 25% da mesma. O 82% das compras de alimentos realízanse nas distintas canles e formas que adopta a Gran Distribución Alimentaria. Cada ano perdemos 11 tendas de distribución de pequeno formato e 9 explotacións campesiñas. En promedio, o sobreprezo que aplican sobre moitos dos alimentos en relación ao seu prezo orixinal sitúase en máis do 100%, as súas márxes comerciais son enormes, acaparando o 60% do valor de toda a cadea e iso pagámoloos consumidores e os campesiños, uns á alza e outros á baixa.
Ante esta situación, a Campaña “Grandes Cadeas de Distribución: Non grazas!” quere denunciar este paradigma e promover alternativas ao modelo da gran distribución alimentaria.
+ sobre a campaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario