lunes, 21 de mayo de 2007
Día Internacional do Comercio Xusto 2007
O pasado sábado día 12 de maio celebramos o Dia Internacional do Comercio Xusto. Como todos os anos, varias ONGs lucenses saimos á rúa a promocionar o comercio xusto e as nosas iniciativas, esta vez co lema común: "As ONGs, ¿quen somos?¿que facemos?".
Estivemos durante todo o día diante do concello e houbo actuacións espontáneas, degustación de produtos e moito bo humor.
Graciñas a todos os que botastes unha man tanto na preparación como no propio dia!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario