A Plataforma 0,7 que agrupa a diversas ONG lucenses, presentará no rexistro do concello de Lugo o vindeiro luns 7 de maio, ás 13:00 horas, un documento coas súas Propostas para mellorar a Cooperación ao Desenvolvemento descentralizada.
Esta acción enmárcase dentro da iniciativa solidaria “Candidata Pobreza Cero”, impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD, e levarase a cabo conxuntamente nos rexistros das principais cidades galegas.
O texto que se presentará no rexistro será entregado posteriormente aos partidos que se presentan ás elecións.
3 comentarios:
E como podiamos conseguir ese dossier?
interésanos
Poñede a referencia da charla do Xoves no Uxío Novoneyra
Quen estea interesado no documento que se presentou aos grupos políticos pode solicitalo a asociacion@covadaterra.org
Publicar un comentario