lunes 28 de diciembre de 2009

Por un Nadal máis verde...

...ou como superar as festas do consumismo. Aquí tedes unha guía para que reflexionedes sobre estas datas.

miércoles 23 de diciembre de 2009

O Apalpador

Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.

O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame.

O Apalpador é moi lambeteiro e se os nenos lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de todos os nenos galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutas partes do planeta.

Aquí tes máis información sobre a historia do Apalpador.

martes 22 de diciembre de 2009

lunes 21 de diciembre de 2009

Xornada de sensibilización en Monfero!!!

Este luns 21 de decembro, acovaeducativa (programa educativo de A Cova da Terra) estivo en Monfero realizando diferentes obradoiros cos rapaces e rapazas de infantil, primaria e secundaria, do CPI Virxe da Cela: marcos de fotos, paus de choiva, coches... Tamén os rapaces e rapazas de 3º de ESO coa axuda das profesoras, montaron un mercadiño con produtos da tenda, e estaba ambientado cunha exposición de Mundo Solidario. Unha xornada do máis agradable. Se queredes ver algunhas fotos deste día tan especial, vísitade acovaeducativa.

Que che parecen este tipo de actividades?

viernes 18 de diciembre de 2009

Aminetu Haidar regresa á súa casa!!!

Aquí vos van algúns enlaces e máis información para que coñezades:



Alegramonos de que estea de volta!!!

jueves 17 de diciembre de 2009

Primeira Reunión do Club de Lectura 2009-2010!!

Onte mércores 16 de decembro, ás 20:00 horas, tivemos a primeira reunión do Club de lectura, como vos adiantabamos o libro elexido foi "A filla do filósofo". Agardamos vervos para a seguinte!!!

miércoles 16 de diciembre de 2009

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON AMINETU HAIDAR

XOVES, 17 DE DECEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, NA PRAZA MAIOR EN LUGO.

Diversas organizacións da sociedade civil lucense, fan un chamamento, en réxime de autoconvocatoria, á cidadanía para que participe nun acto de solidariedade e apoio a Aminetu Haidar e ao pobo saharauí, de indignación e protesta pola ocupación marroquí dende hai 34 anos, de reclamación de medidas por parte da comunidade internacional e en especial ao goberno do estado español, esixindo que asuma as súas responsabilidades por ser forza ocupante do territorio saharauí nese intre recoñecendo oficialmente á RASD (República Árabe Saharauí Democrática) e que se reclame ó Reino de Marrocos a devolución dos territorios ilegalmente ocupados.

martes 15 de diciembre de 2009

Comezo do Club de lectura.




Este mércores 16 de decembro, como vos anticipábamos teremos a primeira xuntanza dos Clubs de Lectura, organizados por A Cova da Terra e Implicadas/os no desenvolvemento. O libro elexido é A filla do filósofo. Agardamos vervos!!


lunes 14 de diciembre de 2009

Clubs de lectura 2009-2010


Este mércores 16 de decembro, ás 20:00 horas, no local de A Cova da Terra, terá a primeira xuntanza dos Clubs de Lectura, do curso 2009-2010, organizados conxuntamente pola Cova da Terra e Implicadas/os no desenvolvemento.

O libro elexido para comezar é A filla do filósofo, e a persoa convidada para esta primeira reunión é Isidro Novo (tradutor da obra).


viernes 11 de diciembre de 2009

A Cova da Terra de FESTA!!


Onte celebramos o décimo cuarto aniversario, gracias a tod@s por acoompañarnos!!!

miércoles 9 de diciembre de 2009

A Cova da Terra está de aniversario, VEN A CELEBRALO!!!

A Cova da Terra está de aniversario, Xa son 14 anos!!

Únete e ben a celebralo o xoves 10 de decembro, ás 20:30 horas, no local de A Cova da Terra (rúa Nóreas nº 12). Agardamóste!!


(Pica sobre a imaxe para ampliar a invitación e terás máis información)

viernes 4 de diciembre de 2009

Remate da II Semana da Sustentabilidade

A II Semana da Sustentabilidade rematou onte xoves 3 de decembro, co obradoiro “Espazo aberto: búsqueda de solucións colectivas para a sustentabilidade”, a cargo de César Fernández, membro do Nodo Espiral de España da Academia de Permacultura.

jueves 3 de diciembre de 2009

Pleno na proxección Return of the scorcher !!


Este mércores, 2 de decembro, dentro da II Semana da Sustentabilidade tivemos a proxección do documental “Return of the scorcher”, sobre os comezos do movemento da Masa Crítica en San Francisco, a cal tivo moi boa acollida, e posteriormente fixose un intercambio de opinión con participantes da Masa Crítica de Lugo.

miércoles 2 de diciembre de 2009

"A vara de mediar a auga"


A segunda sesión desta II Semana Sustentable tivo lugar onte, 1 de decembro, na que se proxectou o documental A vara de mediar a agua e se fixo un pequeno debate a cargo de Jorge da Fonte, membro da USC.

Gustaríanos saber a vosa opinión!!! Que vos pareceu??

Hoxe, mércores, 2 de decembro, ás 20:00 horas, proxección do documental “Return of the scorcher”, sobre os comezos do movemento da Masa Crítica en San Francisco, e posterior debate con participantes da Masa Crítica de Lugo. Únete!!

martes 1 de diciembre de 2009

Ren de Ren na II Semana da Sustentabilidade


Onte, ás 20:00 horas, no local de A Cova da Terra arrancou a II Semana da Sustentabilidade coa charla do colectivo Ren de Ren.

Recordade que hoxe, martes 1 de decembro, ás 20:00 horas, no local de A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12) tedes outra cita. Esta vez haberá a proxección do documental “A cana de mediar a auga” e posterior debate a cargo de Jorge Dafonte, membro da USC. Agardamóste!!!