martes 29 de septiembre de 2009

Xuntanza na explotación de Arqueixal!!

Como vos viñamos anunciando, esta fin de semana, A Cova da Terra tiña programada unha xuntanza, na explotación de Arqueixal, en Palas de Rei na parroquia de Albá. Pero ademais desta xornada de traballo, tamén houbo tempo para actividades lúdicas e xuntanza cos nosos colaboradores e colaboradoras, como un xantar comunitario con pinchos e produtos da zona, e unha visita as casas de agroturismo feitas seguindo os criterios de bioconstrucción e a explotación de Arqueixal. Toda unha experiencia!!!




jueves 24 de septiembre de 2009

Pleno total na charla de Axunica na Cova!!!

Que vos pareceu a charla de onte, que nos ofreceron Chilo Talavera (da Fundación Fundavi Apostamos por la vida) e Norma Eliza Chavarría (da Fundación Calli-Tanday (Casa de unión)??

Animadévos e deixade os comentarios!!

martes 22 de septiembre de 2009

III Masa Crítica Galega: Todo un ÉXITO!!!

A III Masa Crítica Galega celebrouse o pasado sábado 19 de setembro, baixo a participación de numeros@s ciclousuari@s que se achegaron a este encontro, que a pesar da choiva fixeron que fose todo un éxito .

Dende A Cova da Terra queremos agradecer a invitación para estar na Masa Critica Galega lucense, e as persoas que colaboraron con nós para atender o posto.

Aquí vos deixamos cunha pequena mostra deste exitoso evento. !!AS NOSAS FELICITACIÓNS!!

Podes ver aquí máis fotos.













video

martes 15 de septiembre de 2009

MC Cruelty


Seguide este enlace, e coñeceredes: The history of Mc Donald´s cruelty. É unha páxina que está en inglés pero merece a pena que a vexades, ademais ten un vídeo que ilustra esta historia...


Que vos parece?

En relación a este tema vos recomendamos o libro de Somos lo que comemos de Singer Peter, e Mason Jim. A Cova da Terra polo momento non o temos, pero podedes atopalo en Trama.


Animadevos e deixade os vosos comentarios!!!

lunes 14 de septiembre de 2009

A Cova na Feira deste fin de semana

A Cova da Terra estivo este fin de semana en dúas feiras:
-O sábado 12 de setembro, en Aguiño, en Santa Uxía de Riveira (Coruña) na XXXII Romaxe de Crentes Galegos. Tedes aquí máis información sobre as actividades que se realizaron ese día.
- O domingo 13 de setembro na Feira en Doncos (Lugo).







miércoles 9 de septiembre de 2009

Feira en Incio!!

O fin de semana pasado como xa vos anticipabamos no boletín, A Cova da Terra estivo nunha feira no Incio. Aquí vai unha pequena mostra da mesma:


martes 8 de septiembre de 2009

Operación Pandemia





Aquí tes máis información. Que vos parece?

Anímadevos a deixar os vosos comentarios!!!

lunes 7 de septiembre de 2009

Mobilizacións do sector leiteiro!!

Este luns 7 de setembro, celebrabase a reunión do Consello Agrícola que abordaba a crise do sector lácteo en Europa, e na que se discutirían medidas de política leiteira fundamentais para o futuro das explotacións. Aquí podedes ter máis información sobre as diferentes mobilizacións e as últimas novas do que esta a suceder, e neste enlace poderedes ver outras novas relacionadas.

Pero tamén nos gustaría saber a vosa opinión: temos por ahí algún produtor que nos poida dar a súa opinión sobre o tema? E algún consumidor que nos diga o seu punto de vista?
Deixa a túa opinión!!!

jueves 3 de septiembre de 2009

Adeus as bolsas de plástico?

Vede o vídeo e aquí tedes outros documentais e información:"Carrefour dejará de repartir las bolsas de plástico", "Adiós a las boslsas de plástico".

Este é o gram boom do que se está falando ultimamente, os grandes centros comerciais deixarán de repartir bolsas de plástico para "SALVAR O PLANETA", unha medida pola que algunhas persoas e asociacións, como A Cova da Terra, xa apostamos dende hai tempo, e agora se vende como un novo invento. Por iso, queremos saber a vosa opinión, ¿estades a favor desta medida? ¿como vedes que sexan precisamente centros comerciais como Carrefour os que leven a cabo esta campaña? ¿Como crees que os medios de comunicación están tratando o tema? Cales son os vosos trucos para non consumir tantas bolsas de plástico?.... Danos a túa opinión!

Anímate a deixar os teus comentarios, COMPARTE A TÚA OPINIÓN!!!!

miércoles 2 de septiembre de 2009

Feira de Louzara!!

A Cova da Terra participou II Feira de Artesanía e produtos naturais en A ponte de Lóuzara. Un día de festa, onde nos encontramos coa Universidade Rural Galega.



Esta xuntanza foi moi interesante porque serviu para comunicarse con pequenos comerciantes e artesáns da zona.