jueves 30 de abril de 2009

Teatro de Guinea Bissau

O xoves 30 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio Gustavo Freire, o Grupo de Teatro do Oprimido, de Guinea Bissau, onde presentará a súa obra “Dicidju de Padida” (Desexo da nai), e o posterior coloquio onde teremos a posibilidade de coñecer de máis de cerca esta realidade.
Vide e desfrutade desta obra de teatro, un tanto diferente!!!

miércoles 29 de abril de 2009

Charla con Montse Peiron!

A charla-coloquio sobre consumo responsable que impartirá Montse Peiron, (membro do Centro de Investigación e Información en Consumo, CRIC, e directora da revista de información para un consumo consciente e transformador “OPCIÓNS”) será o mércores 29 de abril, ás 20:30 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12 Baixo). Esta dentro da xira que está a realizar o CRIC por Galicia e constará de dúas partes, unha breve exposición sobre como ve o CRIC o consumo consciente e transformador, e un posterior coloquio para compartir visións sobre como levar novas formas de consumir a práctica, as vantaxes que isto nos aporta e as dificultades que encontramos. Agárdamos vervos!!

martes 28 de abril de 2009

lunes 27 de abril de 2009

A Cova da Terra participou este fin de semana no curso organizado por Amigos da Terra!!

A Cova da Terra participou no curso-práctico Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente: a clave para entender a Pobreza, organizado por Amigos da Terra. Este celebrouse este fin de semana no Centro de Educación Ambiental As corcerizas. Respecto o curso dicir que foi moi interesante xa que puxo en contacto dous colectivos diferentes: o ecoloxísta e a cooperación, para traballar de maneira global. E en canto o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, é impresionante, tanto polas súas instalacións como polas numerosas posibilidades de educación ambiental que ofrece!!!


Aquí van algunhas fotos da Charla con Gustavo Duch!!


Aquí vos poñemos unha pequena mostra da interesante charla, que nos ofreceu Gustavo Duch Guillot, o xoves pasado na Galería Sargadelos, entorno a soberanía alimentaria. Unha actividade organizada por A Cova da Terra e Veterinarios Sin Fronteras. Agardamos que o desfrutarades!


Gustavo Duch Gillot, director de VSF e autor do libro Con los pies en la tierra. Os señores da fame e a construción da soberanía dos pobos, era o título elixido polo poñente para falar deste tema de tanta actualidade.

viernes 24 de abril de 2009

Conferencia Cooperativa El Rosal


Martes 28 de abril, ás 20:00 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12 Baixo), terá lugar a conferencia que impartirá Carmen Ruiz, a cal pertence a cooperativa de mulleres “El Rosal” e nos contará experiencias de produción en Ecuador. Esta estará dentro das actividades que se organizan para a celebración do Día Internacional do Comercio Xusto. Agradecemos que difundades esta información entre a vosa xente, e vos animedes a participar nesta experiencia !!!


martes 21 de abril de 2009

Charla con: Gustavo Duch Guillot

Este xoves 23 de abril, ás 20:00 horas agardavos unha cita na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, nº 4).
A Cova da Terra e Veterinarios sen Fronteiras organiza unha charla con Gustavo Duch Guillot, director de VSF e autor do libro Con los pies en la tierra. Os señores da fame e a construción da soberanía dos pobos, será o título elixido polo poñente para falar deste tema de tanta actualidade. Agardamósvos!!!