ATENCIÓN A MENSAXE:
"Dejemos de darles de comer durante un tiempo, sin trabajo y que se den cuenta de que si esto sigue así, nosotros somos los que mandamos.. LAS EMPRESAS DE TELEFONIA MOVILES NOS ESTAN ROBANDO..
Los días 1 y 2 de NOVIEMBRE DEL 2009 todos tengamos el movil apagado. ES LA ÚNICA FORMA EN QUE PODREMOS EXPLICARLES A: MOVISTAR, ORANGE, VODAFONE ,...QUE NO SOMOS IGNORANTES NI VAMOS A SEGUIR PERMITIÉNDOLES QUE NOS METAN LA MANO EN EL BOLSILLO. ENTRE TODOS LOS OBLIGAREMOS A QUE BAJEN POR LO MENOS UN 50% LAS TARIFAS, Y MEJOREN EL SERVICIO. SI NO NOS DEFENDEMOS NOSOTROS, NADIE MÁS LO VA A HACER. Solo si TODOS COLABORAMOS en NO UTILIZAR el MOVIL LOS DIAS 1 Y 2 DE NOVIEMBRE DEL 2009 lograremos demostrarles a esas empresas que los ciudadanos españoles no somos ignorantes, como está demostrado que piensan, pueden juzgar el comportamiento que han tenido las Empresas para con los usuarios hasta el momento."
XA SABES O DÍA 1 E 2 DE NOVEMBRO, NON UTILICES O MÓBIL!!
Que vos parecen estas campañas? Cres que funcionara?
lunes, 26 de octubre de 2009
viernes, 23 de octubre de 2009
LOOK COOPERANTE
Lede este interesante artigo de La Voz de Galicia:
Look cooperante
Que vos parecen as estratexias utilizadas?
Look cooperante
Que vos parecen as estratexias utilizadas?
jueves, 22 de octubre de 2009
Acto Pacifista en Santiago
Participa no ACTO PACIFISTA que, con motivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, organizan consorciadamente unha serie de entidades e movementos sociais galegos no Teatro Principal de Santiago de Compostela o vindeiro Domingo, día 25, a partir das 12:30 horas.
A presentación de Diagonal
Como xa vos anticipabamos, este martes 20 de outubro o xornal Diagonal, ás 18:30 horas, estivo no local da Cova presentándonos o seu traballo. Unha iniciativa moi interesante!! Que vos pareceu? Coñecíadela?
miércoles, 21 de octubre de 2009
martes, 20 de octubre de 2009
lunes, 19 de octubre de 2009
Pacto Galego Contra a Pobreza
jueves, 15 de octubre de 2009
Deseño
Estamos a traballar para mellorar a imaxen do blog. Queremos as túas suxerencias, opinións e comentarios. Según os navegadores ou ordenatas vese distinto, e nos sería útil saber cómo falla para melloralo. Graciñas.
Seguide atentos a pantalla...
Seguide atentos a pantalla...
miércoles, 14 de octubre de 2009
Manifestación: Queremos Galego!!

A Cova da Terra sumase a Plataforma Queremos Galego, polo que vos anímavos a que apoiedes a manifestación convocada ás 12:00 horas, o domingo, día 18 de outubro na Alameda de Compostela, co convencemento de que a nosa lingua é patrimonio de todos os galegos e galegas sen distinción de cores políticas. Podes consultar aquí o horario dos buses.
Tamén está previsto como primeira actividade un debate público arredor da lingua, que terá lugar MAÑÁ XOVES, ÁS 20 HORAS NO INSTITUTO VIRXE DOS OLLOS GRANDES", de Lugo, baixo o título “O IDIOMA: IDENTIDADE, PRESENTE E FUTURO”. Anímate!!
Únete ao voto polo Pacto Galego contra a Pobreza!!!
- Unha mesa informativa con reparto de materiais e acto simbólico coas urnas para o voto polo Pacto Galego contra a Pobreza, que se celebrará na Praza Maior, dende o mércores ata o venres. Tamén se poderá votar no local de A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12, baixo), no horario de 9:30-14:00horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Agardamos o teu voto polo Pacto Galego contra a Pobreza!!!
- Mércores 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos: Conferencia de Hugo Torres, actualmente deputado do Movimiento Renovador Sandinista, que nos contará dende a súa experiencia, a situación de Nicaragua e cál é a realidade do compromiso cos Obxectivos do Milenium en Nicaragua.
Se queres botar unha man, no horario que mellor che conveña e o tempo do que dispoñas para atender a mesa informativa na Praza Maior, ponte en contacto coa Cova da Terra (982230211, covadaterra@yahoo.es), Taller de Solidaridade ou Axunica.Contamos contigo? Anímate!!
Se podes botar unha man únete a nós, de 18:00-20:00 horas estaremos na Praza Maior. Tamén se algún de vós se anima a montar a mesa noutros horaios, só tedes que propoñelo.
Tamén aproveitamos para animarvos a participar na manifestación que será o sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, en Vigo, e que pecharán os actos da Semana Galega Contra a Pobreza. Máis información aquí.
Agardámoste!!!
martes, 13 de octubre de 2009
A Cova da Terra estivo en Sada



O sábado 10 de outubro, A Cova da Terra participou en Sada, xunto con outras ONGs, na "Xornada de voluntariado e solidaridade en Familia". Como podedes ver puxemos un stand infomativo e con produtos de comercio xusto e ecolóxico. E ademais, para os rapaces e rapazas, fixemos un obradorio de papel reciclado e paos de choiva, que se completaba con outros xogos, dinámicas, debuxos... e música (un grupo senegales foi o encargado de amenizar a xornada). Foi do máis divertido!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)